Cousas que queres…
e aínda non o sabías.

Camisetas, mascarillas, artesanía, bolsas de algodón, xoias e bisutería, regalos creativos, bolsos…

Produtos destacados

Esta selección de produtos ten un 10% de desconto ata o día 14 de febreiro. Unha ocasión para un regalo especial?

Caderno espiral
Lista Negra

Mascarilla
Quérote Lonxe

Bodi
Batería

Artesanía

Atoparás cousas orixinais elaboradas a man con materias primas da terra.

Galicia

Ofrecemos temática galega en diferentes tipos de produtos.

Cercanía

Seleccionamos os mellores deseños de produtores locais.

Coñece a nosa tenda

Queremos que saias da tenda con aquelo que buscabas. Temos unha morea de produtos, pero aquí podes ver unhas mostras.

Mascarillas hixiénicas con tecido certificado UNE 0065/2020, lavables a 60° (25 lavados).

Deseños galegos que arrincan un sorriso.

Ofertas todo o ano en camisetas, suadoiros, mascarillas… cousas que usas a diario.

Mandís creativos para os teus cociñeiros, gorras e máis.

Mochilas multiusos con cordón.

Para os máis pequenos da casa, bodis e babeiros galegos moi simpáticos.

Camisetas creativas para todos.

Bolsos artesanais, cintos, billeteiras, moedeiros e pulseiras en coiro; xoguetes e artesanía en diferentes materiais…

Xoieiría de Ardentia, con deseños tradicionais e modernos, e de Carpe Diem, ideal para a rapazada.

Xoguetes educativos en madeira.

Detalles miúdos: libretas, lapiceiros en madeira, fundas para mascarilla, parches, pegatinas, tazas, tarxetas.

Suadoiros, mochilas, camisetas…

En Alecrín temos…

Mascarillas

Serven de barreira en ambos os sentidos para a redución do risco de contaxios por COVID-19, con nivel de filtrado líquido e sólido de aerosoles igual ou maior ao 94% e con tratamento hidrofugado e antibacteriano. Lavar a 60° tras cada uso. Certificadas para un mínimo de 25 lavados.

Deseño galego de Nikis galician style.

Mascarillas personalizadas

HOMOLOGADAS

Para grupos, clubes, empresas…
pedido mínimo: 25 unidades.

  • homologadas
  • tecido semi-neopreno
  • lavables
  • reusables
  • 100% personalizables

Cousas para os máis pequenos

Bodis e babeiros de Nikis galician style, con deseño galego e moito humor.

Xoguetes educativos en madeira para todas as idades, para descubrir cores, números, formas, palabras, e ata facer o camiño de Santiago por etapas dende casa!

Cousas pequenas para os non tan pequenos

Libretas, pegatinas e parches, lapiceiros e bolis, tazas, chisqueiros, crebanoces, prendedores do pelo, pulseiras, e outros detalles para darte un capricho asequible ou para un agasallo orixinal.

Xoiería

De Ardentia: Tradición bergondesa de calidade en prata, con deseños tradicionais como o trisquel ou con deseños modernos e técnicas propias. 

De Carpe Diem: Asequible, con deseños xuvenís e estilo moderno. Ideal para a rapazada!

Artesanía

Pezas orixinais en madeira, bonecas de folla de millo, bisutería e cousas para a casa.

Podes identificar ao artesán que realiza cada produto.

Roupa

Suadoiros 50% algodón-50% poliéster, para lavar na lavadora do revés; camisetas e complementos como gorras, mandís e mascarillas.

Tamén temos calzóns e calcetíns con deseños orixinais.

Complementos de todos os estilos en materiais sostibles para home e muller

Realizados artesanalmente en coiro: Carteiras, moedeiros, bolsos, cintos e pulseiras.

Bolsos de la artesanais.

En algodón: Bolsas con asas largas e de tipo mochila con cordón; gorras; mandís… de Nikis galician style.

Atópanos!

Contacto

teléfono:
881 098 452

whatsapp:
623 468 987

email:
info@alecrinbetanzos.gal

* Horario actual

(por mor da COVID19)

Luns a Sábado
9:45 – 15:00 h.

Horario habitual *

Luns a Sábado
9:45 – 13:30 h.
16:15 – 20:15 h