Cousas que queres…
e aínda non o sabías.
Camisetas, artesanía, bolsas de algodón, xoias e bisutería, regalos creativos, bolsos…
Artesanía
Atoparás cousas orixinais elaboradas a man con materias primas da terra.
Galicia
Ofrecemos temática galega en diferentes tipos de produtos.
Cercanía
Seleccionamos os mellores deseños de produtores locais.
Coñece a nosa tenda
Queremos que saias da tenda con aquelo que buscabas. Temos unha morea de produtos, pero aquí podes ver unhas mostras.
En Alecrín temos…
Cousas para os máis pequenos
Bodis e babeiros de Nikis galician style, con deseño galego e moito humor.
Xoguetes educativos en madeira para todas as idades, para descubrir cores, números, formas, palabras, e ata facer o camiño de Santiago por etapas dende casa!
Cousas pequenas para os non tan pequenos
Libretas, pegatinas e parches, lapiceiros e bolis, tazas, chisqueiros, crebanoces, prendedores do pelo, pulseiras, e outros detalles para darte un capricho asequible ou para un agasallo orixinal.
Xoiería
De Ardentia: Tradición bergondesa de calidade en prata, con deseños tradicionais como o trisquel ou con deseños modernos e técnicas propias.
De Carpe Diem: Asequible, con deseños xuvenís e estilo moderno. Ideal para a rapazada!
Artesanía
Pezas orixinais en madeira, bonecas de folla de millo, bisutería e cousas para a casa.
Podes identificar ao artesán que realiza cada produto.
Roupa
Suadoiros 50% algodón-50% poliéster, para lavar na lavadora do revés; camisetas e complementos como gorras e mandís.
Tamén temos calzóns e calcetíns con deseños orixinais.
Complementos de todos os estilos en materiais sostibles para home e muller
Realizados artesanalmente en coiro: Carteiras, moedeiros, bolsos, cintos e pulseiras.
Bolsos de la artesanais.
En algodón: Bolsas con asas largas e de tipo mochila con cordón; gorras; mandís… de Nikis galician style.
Atópanos!
Contacto
Horario
Luns a Sábado
9:45 – 13:30 h.
16:15 – 20:15 h