Xeometrías

24,00 IVE incluído

Propoñémosvos facer un mosaico como facían os romanos e para iso teredes que ir formando cadrados da mesma cor. Iranse colocando as fichas por quendas e obteranse puntos en función do número de cadrados que se fagan en cada quenda.

2 dispoñibles

Categoría:

Descripción

Obxectivos educativos

Favorece a concentración, o razoamento e a anticipación.

Iniciación ó mundo da xeometría e a compresión das formas.

Número de xogadores

2 a 4, aínda que poden xogar máis xogadores tendo en conta que cantos máis xogadores haxa menos fichas terá cada un e menos puntos se farán.

Idade orientativa

5 anos en diante para poder xogar con anticipación e un maior grao de razoamento, pero como xogo motriz e de traballo coas cores e as formas pode recomendarse para nenos máis pequenos.

Contido

80 pezas con dous triángulos cada unha.

4 peóns.

1 taboleiro.

Caixa de madeira e instrucións.

Desenvolvemento do xogo

Propoñémosvos facer un mosaico como facían os romanos e para iso teredes que ir formando cadrados da mesma cor. Iranse colocando as fichas por quendas e obteranse puntos en función do número de cadrados que se fagan en cada quenda.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xeometrías”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *