Aracatanga

36,00 IVE incluído

Cada xogador terá unha misión en concreto e a suma de tódalas elas fará posible salvarse. Para conseguir os recursos terán que operar cos valores que saquen nos dados e, así, obter os números correspondentes a cada recurso.

2 dispoñibles

Categoría:

Descripción

Obxectivos educativos

  • Traballa o cálculo mental a través de sumas, restas, multiplicacións e divisións segundo os coñecementos matemáticos dos xogadores.
  • Potencia o razoamento e observación na procura das opcións de xogo máis axeitadas en cada quenda.
  • Favorece a cooperación.

Número de xogadores

2 a 4.

Idade orientativa

6 anos en diante.

Contido

  • 1 taboleiro.
  • 3 dados.
  • 4 tarxetas de misións 4 peóns.
  • 4 cubos de cada cor que simbolizan: marrón madeira, verde folla, laranxa peixe, azul auga, marelo estrela, gris cuncha, vermello liana e rosa froita.
  • 41 fichas de números.
  • 4 pezas marróns grandes e 4 peixes azuis (simbolizan a obtención de LUME e ALIMENTO na fase de supervivencia).
  • 1 volcán (cono vermello).

Desenvolvemento do xogo

Trátase de ir obtendo unha serie de recursos para sobrevivir na selva e, ó mesmo tempo, preparalo todo para escapar.

Cada xogador terá unha misión en concreto e a suma de tódalas elas fará posible salvarse. Para conseguir os recursos terán que operar cos valores que saquen nos dados e, así, obter os números correspondentes a cada recurso.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Aracatanga”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *