A veiga

30,00 IVE incluído

Un día saímos de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico. Unhas horas despois de comezar a camiñar fixemos unha pausa á sombra dunha árbore, repoñendo forzas cunha empanada de millo e queixo afumado.

2 dispoñibles

Categoría:

Descripción

Obxectivos educativos

  • Mellora da psicomotricidade fina.
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado – acción).
  • Xogo colaborativo no que todos xogan no mesmo equipo.
  • Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións.

Número de xogadores

Non limitado

Idade orientativa

3 anos en diante.

Contido

  • Pezas de hortalizas redondas: 5 cenouras, 5 tomates, 5 grelos e 6 patacas
  • Pezas de hortaliza con formas: 1 cenoura, 1 tomate, 1 grelo.
  • Pezas de auga: 14 azuis.
  • Animais: 2 ratos, 2 caracois e 1 lesma.
  • 1 dado, 1 cesta, taboleiro, instrucións e caixa.

Historia

Un día saímos de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico. Unhas horas despois de comezar a camiñar fixemos unha pausa á sombra dunha árbore, repoñendo forzas cunha empanada de millo e queixo afumado.

O lugar era moi fermoso. Ó lonxe, a serra de Meira; máis preto, un terreo baixo, amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Eu non sei que pasou, pero de repente sentimos que aquel era o noso lugar.

Con moito respecto cara o entorno, decidimos cultivar alí a nosa nova hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando aquelas primeiras follas para que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos.

Un día todo floreceu, madurou e patacas, grelos, tomates e cenouras estaban listos para seren apañados. A colleita non era moi grande, pero suficiente para a nosa familia.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A veiga”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *